A Agrupación do Rosal cumpre 34 anos. Foto: Eliseo Brey (Arquivo Noticias O Rosal 1986-88)

Agrupación Musical do Rosal.

De cara á organización do vindeiro curso, a Agrupación Musical do Rosal ten previsto a realización de dúas xornadas de portas abertas para ensinar os instrumentos de vento e corda, a cargo de profesores da escola e músicos da banda.

Serán o mércores 1 de xullo e o venres 3 de xullo ás 16:30 horas no Auditorio do Rosal. Están destinadas a nen@s a partires dos 7 anos (nados no 2013). Pode asistir un adulto con cada nen@.

Para poder controlar o aforo, as persoas interesadas deben anotarse previamente no teléfono 609 866 792.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.