Xoán Tamuxe comezando a súa intervención

O escritor e investigador rosaleiro Xoán Martínez Tamuxe, segue desvelando a rica historia do Baixo Miño e vén de ofrecer o venres 13 de xaneiro unha charla a preto de 150 alumnos de 5º e 6º de Primaria do Colexio Número 2 de Tui, baixo o título de A chegada da tella a Galicia e o traballo dos Cabaqueiros.

Esta actividade, coordinada polo mestre Ramiro García Entenza, enmárcase dentro do proxecto do centro Coas miñas mans o teu sorriso. Segundo García Entenza “a idea é crear dende aquí unha cooperativa que elabore diferentes produtos para comercialos e vendelos, para así colaborar con algunhas ONG\’s, asociacións, etc”.

Rapaces e rapazas do Colexio de Tui, atentos ás palabras de Tamuxe

O mestre afirma que comezaron “repartindo tellas artesás, do país, para inicialos no proxecto. Este ano nos dedicaremos á “Cerámica”, tratándoa dende distintos puntos de vista e enfoques. Tanto a cerámica castrexa, coma a artística e a popular”.

De aí que o Colexio Número 2 de Tui contactara con Xoán Martínez Tamuxe, un dos maiores expertos na actualidade, xa que “a Cultura Cabaqueira e todo o que envolve aos cabaqueiros nos pareceu sumamente interesante para comezar o ciclo de actividades que queremos desenvolver na nosa escola”.

Tamuxe explicando o diferente material e pezas da Cabaqueira

Tamuxe, autor de innumerables estudos e publicacións, durante preto de dúas horas, foi explicando aos rapaces e rapazas de Tui toda a historia dos nosos telleiros baixomiñotos e respondendo unha a unha as cuestións que formulaban os estudantes asistentes á charla.

O investigador rosaleiro firmando autógrafos ao finalizar a charla

O escritor rosaleiro lembrou que, por exemplo, “a chegada da tégula a Galicia foi na Romanización dos castros, no s. I a.C.” ou que “alá polo século X foi cando quedou a tella do país, a ímbrice”.

Tamuxe foi agasallado cunha figura de Sargadelos

Tamuxe recalcoulle aos alumnos que O Rosal decidiu crear a finais dos anos 80 a festa e monumento ao cabaqueiro como lembranza e homenaxe a este vello oficio artesanal, que foi o sustento económico de moitas familias do Baixo Miño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.