O xornalista galego Xoán Leiro, reporteiro do coñecido programa España Directo (TVE) non dubidou en posar coas bufandas do Acanor Atlético Novás e da Peña Os Jomas en As Aceñas, mostrando así o seu incondicional apoio ao club da vila.

Televisión Española achegouse onte ata O Rosal para visitar e gravar os Muíños do Folón e do Picón, falar cos cabaqueiros e mesmo retransmitir en directo dende a nosa área recreativa, sita en San Miguel de Tabagón.

Tanto Xoán como o seu equipo de España Directo quedaron abraiados da promoción realizada dende O Rosal para a vindeira Fase de Ascenso a División de Honor Prata (18, 19 e 20 de maio), desexándolle ao Acanor Atlético Novás a mellor das sortes.

Lembramos que a Federación Española escolleu O Rosal como sede, sendo a terceira vez que a nosa vila alberga un sector de ascenso a esa categoría (2013 e 2014). Os rivais do Novás serán o Sant Esteve Sesrovires (Cataluña), Dominicos Zaragoza e Dos Hermanas Montequinto (Andalucía).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.