Loli e Pacheco (Librería Ideas), a alcaldesa Ánxela Fernández e Juan Ramón (Noticias O Rosal)

O pasado venres 12 de xuño tivo lugar na Librería Ideas da vila, a presentación do xornal “O ROSALEIRO”, o primeiro periódico na historia de O Rosal.

Deu a benvida aos asistentes, o xerente do establecemento, Alberto Pacheco, quen seguidamente deu paso á intervención de Juan Ramón Tamuxe, director de Noticias O Rosal, que foi o encargado de presentar esta nova publicación, de índole cultural e deportiva.

Jimy, Juan Ramón e Sergio Diego “Frony” amosan a reportaxe sobre o último ascenso do Novás

Lembrou Juan Ramón que este xornal, de contido exclusivo, “nace para conmemorar o 12º aniversario da web Noticias O Rosal e reafirmar o noso sincero e ilimitado amor por O Rosal e o Baixo Miño. Pero sobre todo, para aquelas persoas que non teñen a posibilidade de “navegar”. Para seguir camiñando á vosa beira, deixando constancia para a Historia, non só dixitalmente, senón tamén en formato impreso”.

O acto contou coa presenza, entre outros, do escultor e mestre canteiro da vila, Julio Martínez Martínez, do tamén escultor, o guardés Daniel Alonso, da pintora Gemma Marqués, do director da revista COUSAS DE, Jesús G. Bastida ou mesmo do escritor e investigador local Xoán Martínez Tamuxe.

Dende aquí, grazas a Librería Ideas de Pacheco e Loli por axudarnos a cumprir este soño e ao Concello do Rosal por arrouparnos neste histórico momento coa presenza dos concelleiros Sara, Carlos, Jimy e a alcaldesa, Ánxela Fernández.

O número 1 de O ROSALEIRO -de edición limitada e coleccionable– está xa á venda en Librería Ideas (de O Rosal e tamén de A Guarda) polo simbólico prezo de 2 €. A súa periodicidade será bimestral (publicarase cada dous meses, isto é, seis números anuais).

Grazas de verdade, a todos os rosaleiros e rosaleiras que nos seguides. Grazas, en definitiva, a quen lle importe un pouquiño a nosa vila 😉

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.