Xa están á vosa disposición en Librería & Editorial Tamuxe, sede de Noticias O Rosal, os novos exemplares do número de verán 2022 da revista COUSAS DE, que como sabedes se distribúe de forma gratuíta cada tres meses.
Dirixida por Jesús García Bastida, COUSAS DE trae a portada nesta edición “O Pazo Pegullal. Un paraíso botánico en Salceda de Caselas“, un artigo de Carmen Salinero, Pilar Vela e Ángeles Barro.
Ademais, entre outros artigos e reportaxes, podemos disfrutar lendo por exemplo, Galicia Infinda, de Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; O retablo da Anunciación de Baiona, por Pablo Fernández Estévez; O dilema da autoría do Cruceiro de Hío, por Anxo Coya; O Novo Museo Ramón Cabanillas na Casa da Calzada de Cambados, por José Vaamonde; “Volantas ao mar”: bitácora da viaxe dunha travesía de 900 millas do Piueiro, por Álvaro A. Peralta Techera; Os emigrantes e a educación no Val Miñor, por Xosé M. Malheiro Gutiérrez; Garranos, burras, bestas. Os cabalos salvaxes da Groba, por Xilberte Manso de la Torre ou mesmo Medio século da histórica regata do Descubrimento, por Rosana Calvo.