Este sábado 17 de marzo volve a abrir a xa clásica ‘Cantina de San José’ en Novás (O Rosal). A Organización propón unha cea con “porco ó espeto”, con viño caseiro, refrescos, postre, café e licores que comezará ás 21:00 horas. A inscrición para a mesma (15 €) remata este venres.

O domingo 18 de marzo, ás 12:30 horas, terá lugar a Misa solemne, cantada polo Coro Ecos do Folón de Fornelos. A cantina estará de novo aberta cun “pulpeiro”.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.