mario-fernandez-club-ciclista-o-rosal
Mario, entrando vitorioso en meta. (Fotos: Club Ciclista O Rosal)

O rosaleiro Mario Fernández Lorenzo consegue en Viveiro (Lugo) a súa primeira vitoria na Copa Galicia de Ciclocross, tal e como podemos ler na web do Club Ciclista O Rosal que preside Gerardo Álvarez Martínez.

Mario, segundo se afirma na crónica, “dominou a carreira -xa dende o arranque- cunha ampla vantaxe conforme ían pasando as voltas ao circuíto”. Non en van, o corredor do Rosal lle quitou 1:04 min ao segundo clasificado, Roi López (CC. Compostelano) e 1:18 min ao terceiro, Borja Lorenzo (Fundación Óscar Pereiro).

clasificacion-mario-fernandez-club-ciclista-o-rosal

Tras este triunfo, Mario Fernández (408 puntos) atópase en segundo lugar tras Carlos Canal Blanco (450 puntos) no Ránking da Copa Galicia de Ciclocross 2016.

Este sábado 19 de novembro será “a quenda do Club Ciclista O Rosal, que como vén sendo habitual cada ano, organiza o XIX Trofeo Montes de Eiras de Ciclocross, unha carreira que será a quinta proba puntuable para a Copa Galicia da especialidade e para o Ranking da Federación Española de Ciclismo”.

¡Dende Noticias O Rosal, a nosa noraboa a Mario Fernández e ao Club Ciclista da vila!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.