Este sábado 11 de decembro non te perdas a visita que realizará Papá Noel a O Rosal, uns poucos días antes da “chegada oficial”, coincidindo coa motochocolatada que a Cafetería Skape 30 celebra dende as 17:00 horas.
Segundo puidemos saber, Papá Noel repartirá en Skape 30 (rúa Pascuala) caramelos a pequenos e maiores, ademais haberá sorteo de regalos e a exposición da Macrocesta de máis de 25.000 euros en premios xa completa. Organiza este evento Skape 30 coa colaboración de Moteiros do Baixo Miño.