Veteranos O Rosal

O xornal decano da prensa nacional, Faro de Vigo, vén de publicar este mércores 30 de marzo, unha imaxe do equipo Veteranos O Rosal no seu suplemento “Campeones” (número 679).

Este conxunto de fútbol, fundado en 2003, por xogadores do Bogavante nacidos no Rosal, xoga na actualidade na Primeira División, aínda que os malos resultados desta tempada farán que se consume o seu descenso á Segunda A da competición de veteranos de Vigo e a súa comarca.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.