veronica-perez-o-rosal-judo-web2

A judoka rosaleira Verónica Pérez Pacheco (Club Judo Baixo Miño) vén de conseguir a medalla de ouro na Supercopa de España celebrada en Avilés a pasada fin de semana, nunha das citas máis importantes da tempada en categoría infantil.

Verónica, que viaxou cos seus compañeiros e as adestradoras Mónica Pacheco e Tecla María Cadilla, conseguía o metal dourado na categoría de -44 kg, tras gañar os seus cinco combates pola máxima puntuación IPPON.

Tal e como lembra Mónica Pacheco, desta maneira a deportista de O Rosal “se sitúa entre las mejores judokas nacionales a esta edad pues la pasada temporada ya consiguió otras dos medallas de oro en Copas de España, además de conseguir la medalla de bronce en el Campeonato de España infantil”.

Esta fin de semana, Verónica se despraza a Valladolid a outra Copa de España, como primera clasificada no Ránking Nacional da súa categoría, onde intentará conseguir unha nova medalla.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa e moita sorte, Vero! #ORosalcalidade

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.