acor-o-rosal-a-banca1
Pablo Álvarez, presidente da Asociación de Comerciantes (no centro), asinando o convenio. (Foto: ACOR)

Segundo nos comunican, ABANCA e a Asociación de Comerciantes de O Rosal (ACOR) veñen de asinar un convenio financeiro “co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial desta localidade pontevedresa“.

O presidente de ACOR O Rosal, Pablo Álvarez Alonso, e o director de zona de ABANCA en Miñor/Baixo Miño, Enrique Marticorena Rodelgo, rubricaron hoxe un acordo que “renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do sur de Galicia”.

O convenio, recalca ACOR “facilita que os comerciantes e emprendedores do Rosal asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe condicións especiais na contratación de liñas de comercio exterior”.

Ademais, lembran que “o documento asinado pon a disposición dos comerciantes e empresarios do Rosal a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APLAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (bancaelectrónica). Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas na alta e o mantemento dos dispositivos TPV”.

Do mesmo xeito, “os comerciantes e industriais adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais”.

ACOR naceu no ano 1998 e agrupa os intereses de preto de 60 empresas e negocios da vila, que exercen a súa actividade principalmente nos sectores de comercio, servizos e industriais, entre outros. ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes”, lembran na nota de prensa enviada á nosa Redacción.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.