Equipo de Sergio Rodríguez

En setembro de 2020, tras retrasar a pandemia do coronavirus a finalización da tempada anterior, arrancou a Liga de Primeira División de España 2020-21 (tamén coñecida como LaLiga ou LaLiga Santander), un torneo organizado pola Liga de Fútbol Profesional.

 

Esta tempada, varios veciños do Rosal e A Guarda, están participando en “LaLiga Baixo Miño” do xornal MARCA, o único xogo de mánager de fútbol oficial de LaLiga, con ránking xeral e puntuacións basadas nos resultados e estatísticas oficiais de LaLiga Santander.

A competición comarcal, coordinada dende terras rosaleiras, conta con oito mánagers, que dirixen e xestionan o seu equipo, fichando e vendendo xogadores, á vez que intentan conseguir a maior cantidade de puntos para elevarse ao máis alto da clasificación, optando tamén a diferentes premios a nivel nacional, a través, por exemplo, do “Partidazo Fantasy”.

Sergio Rodríguez, de Marzán (O Rosal) vén de facerse co honorífico título de Campión de Inverno da “LaLiga Baixo Miño”, tras finalizar a primeira volta como líder. ¿O seu segredo? Unha combinación de “camisetas” do Real Madrid e o F.C. Barcelona. Para mostra, un botón. Con 1081 puntos en total e cun partido menos, o seu once inicial na pasada xornada 18, que lle aportou 72 puntos, foi o seguinte: na portería Ter Stegen (11); defensas: Varane (7), Dest (6) e Mendy (5); centrocampistas: Kroos (4), Casemiro (7), Asensio (7) e Pjanic (2); na dianteira: Messi (15), Benzema (6) e Braithwaite (2).

Equipo de Rafa Gándara

A certa distancia, pero con paso firme, Rafa Gándara, de A Guarda, con 891 puntos, sitúase en segundo lugar, aliñando na última xornada (63 puntos) a Cortois (9) como porteiro; Javi Galán (4), Jesús Navas (2) e Olaza (-2) defensas; no centro do campo Lucas Vázquez (5), Morales (14), Jordán (2) e Fernando (8); arriba, de dianteiros: Oyarzábal (8), Ocampos (10) e Suso (3).

Segundo nos contan, “a idea desta Liga do Baixo Miño xurdiu entre varios amigos (Sergio, Rafa, Óscar, Carlos, Dani, Fabi, Juan e Julio) para xogar e botar uns piques entre nós, con xente coñecida, para que os partidos teñan un aliciente máis”. Un dos mánagers baixomiñotos confésanos que “nunca mirei tanto fútbol nin con tanta paixón como agora. Con esta Liga Fantasy, un Huesca-Eibar pode ser do máis emocionante (risas)”.

Á esquerda, equipo de Carlos. Á dereita, o conxunto de Julio

O último once ideal, isto é, os xogadores con mellor puntuación foron Ter Stegen (11); Mandi (13), Emerson (12), Gayá (10); Parejo (19), Moi Gómez (16), Morales (14), Trigueros (12); En-Nesyri (19), Griezmann (18) e Gerard Moreno (17).

Cónstanos que a puxa polos mellores xogadores reais de LaLiga (cada equipo parte cun presuposto de 100 millóns de euros) é un dos atractivos para os nosos veciños mánagers, pois a listaxe de venda oficial cambia cada 24 horas, podendo namentres, tamén realizar fichaxes entre os propios participantes.

Á esquerda, equipo de Fabi. Á dereita, o “Atlético” de Dani.

“Ademais, cantos máis puntos faga o meu equipo máis se traduce logo en cartos de recompensa, por exemplo, cada 10 puntos equivale a 1 millón de euros para poder comprar no mercado de “transferibles”. Sinalan ademais que “este ano participamos na Liga in-extremis… tanto que comezamos na xornada 2 (risas)”.

Para o ano, comentan no mesmo tono, “esperamos acordarnos a tempo e organizar a 2ª edición, para que se poida anotar máis xente, tamén de Oia, Tomiño, Tui”.

Varios establecementos do Baixo Miño xa se interesaron por esta iniciativa “virtual”, patrocinando na medida das súas posibilidades, pequenos agasallos para os mánagers participantes. “Nós, superagradecidos. Se alguén quere máis información ou contactar con nós, que pregunten por aí, polos frikis do fútbol no móbil (risas)”.

Á esquerda, o conxunto de Óscar. Á dereita, o de Juan.

A aplicación está disponible para iOS, Android, Web e Facebook. Tal e como se lembra dende a organización “inclúe un novo sistema de puntuacións True Stats Live, que poderás seguir en directo para que vivas a emoción da competición e que todo afeccionado ao fútbol esperte ao adestrador que leva dentro”.

Toda a información en https://www.laligafantasymarca.com/ 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.