O popular Entroido de Novás (O Rosal) terá lugar os días 26, 27 e 28 de febreiro de 2017, tal e como reza o cartel de festas que nos foi remitido á nosa Redacción.

Veciños/as de Novás no Entroido do Rosal 2012. (Foto: J.R.)

O domingo 26, a partir das 16:30 horas, Subida do Maio (tradición centenaria recuperada nesta xuradía). Haberá Xogos Populares, chocolate quente e rosca.

Subida do Maio. (Foto: Aurora Lomba)

O luns 27, tamén a partir das 16:30 horas, Gran Corrida do Galo.

Xa o martes 28 de febreiro, ás 18:00 horas, tradicional Frixidela para todos. A música correrá a cargo do trío ADREDDE.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.