Mar. Ene 31st, 2023
O Club Ciclista O Rosal está novamente de noraboa. Segundo podemos ler na súa web, a xornada do domingo 15 de xullo foi “grande” en Gondomar e en Cangas.
“En Gondomar celebrábase o Campionato de Galicia de BTT-XC no que os júnior rosaleiros colleitaban as Medallas de Prata e de Bronce, para Toñi Portela e Raúl Fernández, respectivamente”.
“Ao mesmo tempo, na comarca do Morrazo, o resto das categorías tomaban parte no IX Trofeo C.C. Cangas no que se acadaban dous novos podios que chegaban de parte dos principiantes, pois Yasir Martínez vencía de novo e subía ao máis alto do caixón co seu compañeiro Luis Méndez no terceiro lugar…”
Destacar tamén os terceiros postos de María Correa e Zaida González. ¡¡Noraboa a todos/as!!
Fotos: Club Ciclista O Rosal. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies