Foto do equipo campión de Jimy Fernández

O pasado 23 de abril o Acanor Atlético Novás de Primeira Autonómica proclamábase campión da Copa Federación de balonmán tras ser o mellor equipo da “Final Four” que se celebrou en O Rosal.

Cholo recibindo a Copa Federación de mans do concelleiro de Deportes do Rosal.

O capitán Jorge González Sobrino “Cholo” desatou o éxtase de equipo e afección ao levantar a tan ansiada Copa, tras dous partidos superlativos, tanto nas “semis” como na final.

Marcos Pequeño “Peque”, MVP da Copa Federación

Velaquí vos deixamos os enlaces á reportaxe da Copa Federación 2017 que realizou o noso gran colaborador, o activo e infatigable reporteiro gráfico, Óscar Rodríguez.

Sábado 22 de abril. Semifinais. (309 imaxes)

Domingo 23 de abril. A Gran Final (124 imaxes)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.