trofeo-concello-do-rosal-acanor-novas-2016-87

O Acanor Atlético Novás que dirixe José Ramón Muñoz “Jota” inicia a Liga 2016/17 de Primeira Nacional este domingo 25 de setembro en Cangas, na pista do Luceros (O Gatañal, 12:30 horas). Segundo se afirma dende o equipo rosaleiro, este será “un ano cargado de ilusión, de ambición, de caras novas e o mesmo espíritu”.

acanor-novas-b-saeplast-caniza-1

Pola súa banda, o Acanor Novás “B” de Jimy Fernández, “vixente subcampeón da Copa Federación, comeza esta fin de semana a competición oficial despois das boas sensacións deixadas na pretempada. Emparexado no grupo III xunto ao filial do Seis Do Nadal, ao Balonmano Pontedeume e Carnes Do Ribeiro, comezará fronte a este último (O Rosal, sábado 17:00 horas), o asalto á Copa. A competición xogarase a unha volta e a fase final será no mes de maio”.

acanor-novas-terras-gauda

Igualmente, o club rosaleiro que preside Andrés Senra, “vén de chegar a un acordo de colaboración con Terras Gauda para as próximas catro tempadas”, pasando a ser “unha das empresas colaboradoras máis importantes da nosa entidade”. “A firma protocolaria que vincula a ambas partes para as campañas 16/17, 17/18, 18/19 e 19/20 produciuse esta mañá na sede da adega. Os representantes do Acanor Atlético Novás transmitiron en nome de toda a directiva o agradecemento pola forte aposta e agardan poder devolver con éxitos e traballo a confianza depositada”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.