Do Lusco ó Fusco actuando na Praza do Calvario (📸 Noticias O Rosal, 2010)
✍️ Concello do Rosal
A programación cultural de verán continúa no Rosal este domingo 25 de xullo con tres novos espectáculos para todos os públicos. A Praza do Calvario acollerá tres novas actuacións:
– ás 19.00 horas teatro infantil con Os Ghazafelhos.
– ás 20.00 horas folclore tradicional co grupo de baile e gaitas Do Lusco o Fusco.
– ás 22.00 horas música de cine co concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal.
As actividades serán de balde, con prazas limitadas e entrada libre ata completar aforo e con todas as medidas de prevención necesarias ante a actual situación sanitaria para garantir a saúde de todos e todas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.