????????????????????????????????????????????????????????????????????????

Segundo o Departamento de Prensa do Festival SonRías Baixas 2016, esta XIV edición foi a máis multitudinaria e exitosa da súa historia, con 16.500 asistentes. O impacto económico na zona durante os seus tres días de celebración está cifrado en 1.200.000 euros.

SonRías Baixas Figura

Velaquí vos deixamos a reportaxe do enviado especial de Noticias O Rosal, o intrépido e dicharachero fotógrafo Óscar Rodríguez Castro, noso querido “Figura”. Aproveitamos tamén para agradecer o exquisito trato recibido da Organización do SonRías. ¡Noraboa e a por moitos anos máis!

????????????????????????????????????

Certamente, a boa música e a felicidade reinaron para os rosaleiros/as e baixomiñotos/as (algúns na imaxe sobre estas liñas), así como para os demais asistentes ao Festival pois “os pasados 4, 5 e 6 de agosto, o SonRías Baixas conquistou na súa XIV edición a 16.500 persoas que se achegaron ata Bueu para gozar da música, gastronomía e audiovisual programados polo Festival e oferta de ocio que ofrece a contorna. Tras superar en 4.500 persoas ás asistentes na última edición -cifradas en 12.000- , o SonRías marca un récord histórico nos seus catorce anos de vida pasando tamén á cifra de asistencia do 2011, a máis alta ata o momento con 15.000 festivaleiras e festivaleiros”.

????????????????????????????????????

A Festa de Benvida iniciou o xoves os tres días de intensa troula e actividade con 2.500 persoas, que se achegaron ata o Multiusos A Estacada de Bueu para gozar da música da banda tributo a Ska-P Gato López e tamén dalgún dos membros da formación dos de Vallecas, como ‘Txikitin’.

????????????????????????????????????

Na noite do venres, os concertos de La Gran Pegatina, Lendakaris Muertos e Heredeiros da Crus foron os máis aclamados polos integrantes dun público de 6.500 persoas entregadas por completo dende o inicio ata a actuación final, a da banda revelación deste ano, La Sra. Tomasa. A venda de abonos marcou un éxito sen precedentes chegando a esgotarse por completo durante este segundo día de Festival e facendo, por conseguinte, que a zona de acampada chegase ao 100% de ocupación.

????????????????????????????????????

Para despedir o SonRías Baixas 7.500 personas se reuniron no recinto na última xornada, a do sábado. Un milleiro de persoas se achegaron ata a ‘Casa SonRías’ para degustar os pratos que os nosos RockChefs lles prepararon a ritmo de Poetarras e Gold&Colt e, nos concertos da noite, La Vela Puerca foi unha das bandas que máis conseguiu emocionar aos asistentes.

????????????????????????????????????

Impacto económico na zona

Dende a organización afírmase, así mesmo que o Festival SonRías Baixas 2016 supuxo para Bueu unha inxección económica de 1.200.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca e a bares e restaurantes da zona sen existencias.

Coa finalidade de que a actividade do Festival repercutise o máximo posible na zona, dende a organización afirman que sempre intentaron priorizar na búsqueda de profesionais e empresas proveedoras a nivel local. Así, nesta edición, contratáronse os servizos de 110 proveedores e máis de 300 persoas traballan durante a celebración do evento, a maior parte, xente da comarca.

????????????????????????????????????

“De Festivaleiros para Festivaleiros”

O XIV Festival SonRías Baixas foi posible grazas ao tesón da Asociación Troula na Banda, ao apoio do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra e da AGADIC, á axuda do Hotel Incamar, de Gadis, de Amstel, de Coca-Cola, de Merc, da empresa de xestión cultural PlayPlan, produtora do evento, e de Rei Zentolo, responsable da campaña gráfica. Dende Troula na Banda saliéntase tamén o papel determinante do público, que refrendou coma nunca a “Experiencia SonRías” coa súa fidelidade.

????????????????????????????????????

O dito, aquí vai a reportaxe fotográfica de Noticias O Rosal, da autoría do noso enviado especial, Óscar Rodríguez. 

« de 14 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.