
Mañá, martes 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+ 2022, a Biblioteca Municipal do Rosal (18:30 horas) acolle unha actividade para o público infantil e para as súas familias.
Trátase do obradoiro e contacontos “Piratrans Carabarco” que estará a cargo da profesora de Educación Infantil guardesa, Sara Uris, “especialista en xénero e igualdade, que ademais é a creadora de Transformando Realidades, unha iniciativa que acompaña, orienta e brinda apoio a familias”.
Máis info na web do Concello do Rosal.