Fotos: U.D. Ribera / Federación Galega de Fútbol

A xogadora do equipo infantil da U.D. Ribera de O Rosal, Sara Álvarez Álvarez, anota o gol da honra da Selección Galega fronte á de Cataluña no VII Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-16 que se celebrou esta fin de semana en Castelldefels (Barcelona).

A pesar de perder os seus dous partidos fronte a Baleares e Cataluña, o seleccionador galego Sub-16 feminino, o vigués Edu González está orgulloso do traballo das súas xogadoras, pois segundo afirma “temos seis infantís e seis cadetes de primeiro ano, as baleares son todas de segundo ano, menos catro xogadoras. Unha diferencia de dous anos nestas idades nótase moito”, pero tamén entende que “ao ser unha selección tan xoven poderemos traballar de cara a ter un equipo moi competitivo de cara á segunda fase e de cara á próxima temporada”. Edu González recoñece que as catalanas “están dous ou tres escalóns por enriba dos demais”. 

Máis información e resultados na web da Federación Galega de Fútbol

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.