📸 RFEF / RFGF. Sara, de branco, segunda pola dereita.

A Real Federación Española e a Real Federación Galega de Fútbol veñen de comunicar que a futbolista rosaleira Sara Álvarez, xogadora do Deportivo da Coruña “é unha das citadas por Toña Is para o encontro amigable que a Selección Española Femenina de Fútbol Sub 17 disputará ante Alemaña en Salou (Tarragona)“.

Segundo lemos na web da RFEF, este encontro, que terá lugar o vindeiro xoves 16 de xaneiro, medirá ás dúas últimas campionas de Europa Sub-17. A Selección iniciará o seu traballo o luns 13 de xaneiro. Velaquí vos deixamos a lista de convocadas.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa de novo, Sara. Moita sorte, crack!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.