Jue. Dic 1st, 2022
Área dos Muíños do Folón antes da pandemia. (📸 Noticias O Rosal)

 

✍️📸 Concello do Rosal
O Concello pon en marcha rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón esta Semana Santa.
Serán para grupos reducidos os días 1, 2 e 3 de abril, con saída ás 11.30 horas e cun custo de 2€ por persoa. Xa está aberta a inscrición na web municipal.
“O Concello porá en marcha para esta Semana Santa rutas guiadas polos muíños do Folón e do Picón, un percorrido de 3,5 km por unha ruta homologada pola Federación Galega de Montañismo no que as persoas participante coñecerán a historia e os diferentes recunchos de estes muíños singulares construídos en cascada da man dun guía especializado e acreditado pola Xunta de Galicia.
Para poder garantir as distancias de seguridade entre asistentes e extremar as medidas de precaución, os grupos estarán limitados a 8 persoas. As rutas serán o xoves 1, venres 2 e sábado 3 de abril con saída ás 11.30 horas dende a área de visitantes do BIC-Muíños do Folón e Picón. As persoas interesadas en participar deberán facer a súa reserva a través a web do Concello, no espazo habilitado dentro da axenda cultural.
As rutas terán un custo de 2 euros por persoa, que deberán abonarse para facer efectiva a reserva de praza. Para desfrutar sen inconvenientes do percorrido, recoméndase ademais levar calzado cómodo e unha botella de auga. O uso de máscara é obrigatorio.
Consciente da alta afluencia de visitantes que poden estar percorrendo os muíños durante os días de Semana Santa, o Concello do Rosal apela á responsabilidade dos veciños e veciñas en especial en intres de alta concorrencia e pide que se eviten aglomeracións e se obstaculicen zonas de paso para coidar a saúde de todos e todas”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies