festa-do-cabaqueiro-2016

Un ano máis, o Concello do Rosal homenaxea aos mestres telleiros do Baixo Miño e, en xeral, a un oficio case desaparecido, que se mantén con demostracións esporádicas por feiras artesanais de Galicia e como non, coa Festa do Cabaqueiro, xa na súa XXIX edición.

Tal e como reza o cartel anunciador, o martes 11 de outubro, a partir das 17:00 horas, celebraranse diferentes Obradoiros para nenos e nenas, entre os cales, por suposto, os “cachizas” aprenderán na Praza do Calvario a “taxicar cabacas e toupos a joucha”.

orquesta-marimba

A partir das 22:00 horas, actuación do grupo folk “Tanto nos Ten” no Auditorio Municipal do Rosal. O baile coa orquestra Marimba, do cantante rosaleiro José Pérez queda suspendido por previsión de choiva.

Xa o “día grande”, o mércores 12 de outubro, misa solemne na honra da Pilarica, cantada polo Coro Ecos do Folón. De tarde, e a partir das 17:30 horas, terá lugar a XXIX Festa de Lembranza “Os Cabaqueiros”, que comezará coa lectura do pregón a cargo de Serafín Dorado Núñez, “docente e nado en Novás”.

festa-do-cabaqueiro-o-rosal

Unha vez remate a demostración dos cabaqueiros, sobre as 19:00 horas, no Auditorio Municipal, actuacións dos alumnos da Escola de Baile de “Jose & Rosy”. A continuación, concerto da Banda da Agrupación Musical do Rosal, tamén no Auditorio.

A Praza do Calvario acollerá, ademais do oficio de cabaqueiro, demostracións de tear, cesteiro, zoqueiro, canteiro e obrador artesanal de produtos con mirabel.

festasdopilarecabaqueiros

Como todos os anos, haberá mostra, desta vez de debuxos e pinturas do colectivo de alumnos/as do Rosal, que será inaugurada o sábado 8 de outubro ás 12 da mañá no Salón de Exposicións municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.