Mié. Ene 19th, 2022

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón O Rosal Noticias O Rosal (1)

Un selecto grupo de profesoras e profesores, de diferentes centros educativos de Vigo, participaron o pasado sábado 30 de abril na nosa primeira visita guiada desta tempada 2016

O fiel colaborador de Noticias O Rosal, o recoñecido escritor e investigador, Xoán Martínez Tamuxe, foi presentado pola concelleira de Cultura da vila, sendo o encargado de ofrecer, como experto na materia, as correspondentes explicacións sobre a xerga e a historia do cabaqueiro no Centro Etnográfico “Casa dos Oficios do Rosal”.

O Rosal

X.M. Tamuxe falou, entre outros temas, da orixe das telleiras (que se remonta aos romanos), ou mesmo das migracións e tradicións dos cabaqueiros, tanto en Castela como en distintos puntos da nosa xeografía peninsular.

Igualmente, Tamuxe foi contestando ás distintas preguntas destes curiosos e cultos visitantes, dende o por que da creación da Festa en 1987 ata a razón da utilización do “verbo” ou “latín dos daordes”. 

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón O Rosal Noticias O Rosal (18)

Pola súa banda, tras finalizar o percorrido por esta exposición, o noso director, Juan Ramón Martínez Barbosa, coordinou unha ruta guiada cos mestres e mestras da cidade olívica polos 67 muíños do Folón e do Picón.

Certamente, polas felicitacións recibidas, este conxunto etnográfico do Rosal e a súa paisaxe, deleitaron ao profesorado vigués, quen disfrutou dun máis que soleado e fantástico día, coñecendo todas as curiosidades históricas do noso principal reclamo turístico-patrimonial.

Ruta dos Muíños do Folón e do Picón O Rosal Noticias O Rosal (37)

Dende Noticias O Rosal, o noso agradecemento ao coordinador da viaxe, o historiador Antonio Giráldez Lomba (secretario do Instituto de Estudios Vigueses e pregoeiro da XXVIII Festa do Cabaqueiro 2015), así como a todos os participantes desta animada xornada deportivo-cultural. ¡Un pracer! 

P.D.: ¿Tamén queres percorrer os Muíños do Folón e do Picón e coñecer todas as súas curiosidades nunha ruta coordinada por Noticias O Rosal? ¡Contáctanos en visitasguiadas@noticiasorosal.es!
« de 2 »

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies