O Rosal acolle este sábado 22 de abril (de 18:00 a 21:00 horas) un curso de automaquillaxe e contouring impartido pola rosaleira Ángeles Martínez Núñez, xerente da recoñecida perruquería-estética Imagen. As participantes “aprenderán a coñecer o seu rostro, sacarlle partido aos seus rasgos, disimular as imperfeccións, etc”.

Así mesmo, “realizarán correccións, utilizarán maquillaxe, polvos, colorete, deliñación de beizos e ollos, trucos para correxir, aumentar, disminuir…”

Para inscribirte no curso ou para máis info, podes contactar co Servizo de Información Xuvenil do Concello do Rosal (986 62 50 00. Ext. 4).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.