Este pasado sábado 26 de xuño tivo lugar en Skape 30 (O Rosal) a presentación oficial do Peugeot 206 XS, novo coche de Sergio Alonso Treinta e Abel Martínez Alonso co que participarán na Copa Pirelli AMF do Campionato de Galicia de Rallyes 2021.

O evento tamén serviu para coñecer dous vehículos máis con pilotos de O Rosal que disputarán o mesmo torneo da Pirelli (Óscar e Rubén, Kevin e Borja) e de Acevedo (Oia), con Adrián e Andrea, así como a “maquinaria” de Xabi Otero.

Precisamente, os xerentes da cafetería rosaleira que organizou a presentación, Dani e Celia, crean a súa particular “Copa Skape 30”, coa que incentivar e agasallar con 150 euros ao equipo dos catro que remate na mellor posición na vindeira proba (Rally Sur do Condado) que se celebrará os vindeiros 9, 10 e 11 de xullo.

Moteiros do Baixo Miño, con Senén, Álex ou Agustín ao fronte -entre outros- volveu a ofrecer a súa inestimable colaboración, tanto no reparto dos pinchos como na realización dos sorteos de regalos (mascarillas, bolsos e camisetas).

Podes ver todas as imaxes do evento nas redes sociais de Noticias O Rosal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.