Gabri, en plena acción en Mallorca. (Foto: JC Vázquez)

Tal e como se informa dende a Real Federación Motociclista Española, o piloto rosaleiro Gabriel Marcelli Carballido (Honda-Montesa), que na actualidade reside en Barcelona, “volvió a ganar en el Campeonato de España de Trial TR2 tras estrenarse en la última cita el año pasado. Aniol Gelabert y Sam Obradó, sus acompañantes en el cajón de Mancor de la Vall (Mallorca)”.

O SPEA RFME Campionato de España de Trial 2017 volvía a ter na localidade alicantina de La Nucía o seu punto de partida a finais do pasado mes de febreiro, aínda que o noso veciño non tivo moita sorte naquela cita e tiña que conformarse coa cuarta praza.

Agora si, como dicimos, na segunda proba nacional celebrada onte, 19 de marzo, na localidade balear de Mancor de la Vall, en Mallorca e baixo a organización do Moto Club Zona Gas, Gabriel Marcelli foi o mellor tras un percorrido de 12 zonas, cun acumulado final de 11 puntos “cinco menos que Aniol Gelabert, segundo, y 22 menos que Sam Obradó, a la postre tercero”.

Con esta vitoria, o piloto rosaleiro sitúase 2º na clasificación xeral do Campionato de España TR2 a tan só un punto do líder, Aniol Gelabert.

A seguinte proba do SPEA RFME Campionato de España de Trial 2017 disputarase o vindeiro 9 de abril en Sigüenza (Guadalajara) “baixo a organización do Moto Club Alto Henares, tomando a saída as categorías TR1, TR2, TR3, TR4, Júnior e Cadete”.

¡Dende Noticias O Rosal, noraboa Gabri, ánimo por esas terras catalanas e a por todas esta tempada!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.