Concurso Pías Tortilla de Pataca (1) portada
Presentador, gañadoras e xurado deste II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca

O sábado 12 de marzo celebrouse en Pías o “II Concurso Veciñal da Tortilla de Pataca 2016“, que serviu tamén como inauguración dos actos e festexos da tradicional Feira de San Gregorio.

O evento, que estivo presentado por Juan Ramón Martínez Barbosa, director desta web, distinguiu a Tita (modalidade clásica) e a Inés (innovación) como as “Raíñas da Tortilla de Pataca” e gañadoras deste certame, ao que se presentaron máis dunha ducia de participantes.

Brais, Noly e Óscar “inspeccionando” tortilla por tortilla

O xurado desta edición, ao igual que o pasado ano, foron Noly, Brais e Óscar (este último, propietario do restaurante Celtic na Guarda). As segundas clasificadas foron Nuria e Manoli, nas modalidades clásica e innovación, respectivamente.

Dende Noticias O Rosal, noraboa á Comisión de Festas de San Gregorio por estas novidosas iniciativas, xa que o concurso volveu a ser un gran espectáculo gastronómico, de xuntanza e de humor entre veciños, público e mesmo os competidores/as.

« de 4 »

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.