Un exultante Marcos Pequeño pousa co seu trofeo individual

O rosaleiro Marcos Pequeño Fernández, extremo dereito do Acanor Atlético Novás ‘B’, foi elixido Mellor Xogador da Copa Federación 2017 que se disputou esta fin de semana (22 e 23 de abril) en O Rosal.

‘Peque’ e ‘Cholo’, o capitán, cos sendos trofeos (Copa Federación e Mellor Xogador)

A actuación do gran ‘Peque’ resultou crucial para que o filial do Novás conseguise proclamarse Campión da Copa Federación, máxime na final, ao anotar varios goles decisivos e de bela factura fronte ao Seis do Nadal (32-30).

¡Dende Noticias O Rosal noraboa a Marcos Pequeño e a todo o equipo deste Acanor Atlético Novás B!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.