📸 Balonmán Cangas

O Club Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo, dos rosaleiros Javi Díaz e Dani Cerqueira, buscará este domingo 16 de febreiro a vitoria nun partido vital pola permanencia en ASOBAL, a máxima categoría do balonmán nacional.

Nunha Liga onde o F.C. Barcelona volve a ser o rival a batir, o único equipo galego (16º posto, 7 puntos) quere cambiar a dinámica dos últimos encontros e enfrontarase a un rival directo pola salvación, o Quabit Guadalajara (14º posto, 11 puntos) en O Gatañal (TVG2, 19:00 horas).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.