Asociación de Comerciantes do Rosal

Segundo nota de prensa que nos foi remitida ACOR, o pasado 26 de febreiro tivo lugar a Asemblea Ordinaria da Asociación de Comerciantes e Industrias do Rosal, na que se constituíu nova Xunta Directiva, sendo nomeado:

PRESIDENTE: Pablo Álvarez Alonso.

TESOUREIRA: Rocío Lomba Alfonso.

SECRETARIO: Arán Feijóo Covelo.

Entre outros, os obxectivos da nova Xunta Directiva para o ano 2016 son:

-Revitalizar a asociación, que na actualidade conta con 52 empresas asociadas do término municipal do Rosal.

-Establecer lazos de colaboración coa Cámara de Comercio de Tui, así como coa Confederación de Empresarios de Potnevedra.

-Fomentar o turismo.

-Emprego de novas tecnoloxías no comercio.

-Colaborar co Concello do Rosal no desenrolo do texido industrial existente.

Dende Noticias O Rosal, moita sorte á nova andaina da directiva da Asociación de Comerciantes e en especial a Pablo Álvarez Alonso, quen sucederá no cargo ao lembrado veciño José Martínez González “Pepe Berdeal”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.