oscar-vicente-rodriguez-noticias-o-rosal-8
Fotos: Óscar Vicente / Al-Shabab FC

Óscar Vicente Rodríguez (Marzán-O Rosal, 1990), excampión de Europa e Medalla de Bronce no Campionato do Mundo de Duatlón, entre outros títulos, vén de fichar como fisioterapeuta polo club profesional de fútbol Al-Shabab FC de Arabia Saudí

oscar-vicente-rodriguez-noticias-o-rosal-5

O novo equipo do rosaleiro, apodado “Os Leóns Brancos”, foi fundado en 1947 e xoga os seus partidos como local da Primeira División no Estadio Rei Fahd

oscar-vicente-rodriguez-noticias-o-rosal-2

Segundo declaracións de Óscar Vicente a NOTICIAS O ROSAL, “está sendo unha experiencia única. Como ‘fisio’, formo parte do corpo técnico con varios españois, como son Toni Amor, David Pons ou o ex-internacional Vicente Engonga” (na imaxe, sobre estas liñas).

oscar-vicente-rodriguez-noticias-o-rosal-7

O Al-Shabab é moi recoñecido en Oriente Medio, xa que ten conseguido multitude de títulos nacionais como 6 Ligas, 3 Copa do Príncipe da Coroa Saudí, 5 Copa Federación de Arabia Saudí, 2 Copa do Rei de Campións, 1 Supercopa de Arabia Saudita, etc.

oscar-vicente-rodriguez-noticias-o-rosal-12

Igualmente, no ámbito internacional gañou a Recopa da AFC en 2001, 2 Copa de Campión Árabe, 2 Recopa Árabe, 2 Supercopa Árabe e 2 Copa de Club Campión do Golfo, entre outras.

oscar-vicente-rodriguez-noticias-o-rosal-9

¡Dende NOTICIAS O ROSAL, noraboa e moita sorte Óscar na túa nova aventura deportiva por Asia!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.