Paisaxe Tui

Segundo se comunica dende o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, co obxectivo de contar coa opinión da cidadanía, celébranse 50 obradoiros participativos para definir as Directrices da Paisaxe de Galicia.

Estes obradoiros -recalcan- son a segunda parte da elaboración da Estratexia da Paisaxe de Galicia. Na primeira parte contando tamén coa participación cidadá, elaborouse o Catálogo de Paisaxes de Galicia (Documento dispoñible neste enlace).

Con este motivo, o xoves 31 de marzo ás 18:30h, no Edificio Área Panorámica de Tui (Rúa Colón, 2) terá lugar un obradoiro ao que pode asistir calquera persoa interesada, ben a título particular ou en representación dalgunha entidade empresarial ou asociativa, para tratar da Comarca Paisaxística da Costa Sur-Baixo Miño, que comprende os concellos de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Tui

Para participar neste obradoiro é preciso anotarse a través do enderezo electrónico: atlaspaisaxe.iet@gmail.com, ou ben chamando aos números de teléfono 981.910.206 e 608.201.251.

Para máis información sobre este proceso pode consultarse a páxina web: www.somospaisaxe.org 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.