novas-oar-coruna

O Balonmán Oar Coruña será o próximo rival do Acanor Atlético Novás en partido correspondente á 11ª xornada do grupo A da liga de Primeira Nacional. O equipo de José Ramón Muñoz “Jota” vén de conseguir unha nova vitoria fronte ao BM Lavadores (22-27) que o mantén no segundo posto da clasificación xeral, tan só superado polo invicto Calvo Xiria.

novas-axenda

O pavillón municipal do Rosal acollerá este encontro fronte ao oitavo clasificado, o sábado 26 de novembro ás 19:00 horas. Igualmente, o club que preside Andrés Senra disputará na vila a maioría dos partidos das súas diferentes categorías, agás o equipo de Autonómica, que viaxará a Narón (A Coruña).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.