Quique Domínguez, Casares, Carro, Manu Martínez e Javier Rodríguez. 
Foto: J.Santomé (FDV)
Segundo se pode ler no xornal Faro de Vigo e no perfil de facebook do Mecalia Atlético Novás, o xogador rosaleiro de balonmán, Manu Martínez, foi presentado onte, 2 de xullo, polo Academia Octavio, xunto a Gonzalo Carró e Alberto Casares.
Manu Martínez, formado no Atlético Novás, xunto coas novas fichaxes, é unha das esperanzas do adestrador Quique Domínguez para devolver ao Academia á elite do balonmán nacional, á Liga Asobal, xa que, como recolle Faro “con su juventud y el salto de categoría que dan, creo que nos contagiarán ganas, hambre y se las transmitirán a jugadores veteranos que seguro les van a ayudar mucho en su formación como jugadores”.
O míster do Academia afirma que Manu Martínez e Alberto Casares (procedente do Cisne) “son gente muy dinámica, alegre y esas son nuestras señas de identidad”.
O primeira línea rosaleiro declaraba que “es una gran oportunidad llegar al Octavio, vengo por dar un salto de calidad”.
¡¡Dende Noticias O Rosal, moita sorte Manu na túa nova andaina deportiva!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.