A terceira edición do Trail Muíños do Folón xa está en marcha coa apertura das inscricións, que se poden realizar a través da páxina web championchipnorte.com

O domingo 8 de marzo é o día no que se se disputará esta proba en O Rosal, considerada como unha das máis espectaculares polo escenario no que se desenrola.

A Organización ten previsto de novo tres actividades. O percorrido Advance, de 21 km, o Adventure será de 12 km e tamén haberá unha Andaina popular.

A primeira proba será valedeira por primeira vez para a Liga Pontevedra Trail League que terá lugar ao longo de todo o ano.

A competición en O Rosal ten prazas limitadas. Agárdase a presenza de moitos deportistas de Galicia e tamén do norte de Portugal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.