✍️ Lucía Pita / Luisa Castiñeira / SonRías Baixas
Tal e como nos veñen de comunicar recentemente, “o SonRías Baixas 2021 celebrarase do 3 ao 8 de agosto e contará con Kase.O, La Pegatina, Sés, La M.O.D.A., Travis Birds, ISEO & Dodosound ou Sabela no cartel”.
A música ao vivo regresa este verán ás Rías Baixas cun singular ciclo de concertos a ceo aberto durante seis noites, co compromiso de PlayPlan de recuperar en agosto de 2022 a edición aprazada o ano pasado.
Ciudad Jara, Muerdo, TéCanela, Tu Otra Bonita e SonDaRúa completan o line-up da cita de referencia en Bueu coas propostas máis enérxicas e divertidas do panorama musical estatal do momento.
Segundo podemos ler nas redes sociais do evento: “La Maravillosa Orquesta del Alcohol – La MODA e Sabela colgan o segundo cartel de #SoldOut no #SonRíasBaixas2021. ÚLTIMAS ENTRADAS para o concerto de La Pegatina e Muerdo o domingo 8 de agosto”. Tes toda a información na web de SonRías Baixas“.
Lembramos aquí unha das últimas reportaxes realizadas no SonRías Baixas polo noso enviado especial, o fotógrafo Óscar Rodríguez Castro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.