Segundo nos vén de comunicar a produtora audiovisual SETEMEDIA, este sábado 24 de setembro realizarase o programa “Aquí Galicia” (TVG) en directo, dende O Rosal, en concreto con escenario na Praza do Calvario, a partir das 16:00 horas.

Este espazo da Televisión de Galicia, contará con entrevistas e reportaxes con varios veciños do Rosal como protagonistas, entre eles, cabaqueiros, o “perruqueiro aventureiro” Ignacio González Rivas ou mesmo o escritor e director desta web cultural, Juan Ramón Martínez Barbosa.

Igualmente, haberá moitos convidados en pleno directo, entre eles, a Banda Infantil da Agrupación Musical de O Rosal ou o Grupo de Pandereteiras e música tradicional Lirolai.
