Oficina Muíños Folón
Escolares visitando o muíño nº 1 do Folón (Oficina de Información).

Segundo se comunica dende o Concello do Rosal, a oficina de información do Folón (enxeño nº 1, “Muíño das Laxes”), abrirá ao público dende o Xoves Santo ao Domingo de Pascua (24, 25, 26 e 27 de marzo) co seguinte horario:

Mañás: de 11 a 14 h
Tardes: de 16 a 19 h (o sábado abrirase ás 15:30 horas con motivo da andaina polos Muíños do Folón e PicónATENCIÓN, SUSPENDIDA).

Durante este horario se realizarán neste primeiro muíño do Folón diferentes demostracións de moenda (conversión en vivo e en directo do millo en fariña). A entrada é libre e gratuíta.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.