A III Carreira Popular San Silvestre O Rosal celebrarase, como nas dúas edicións anteriores, o día 31 de decembro. O Concello volve a organizar este evento deportivo anual, xunto coa estreita colaboración do Comercio da vila.  

Segundo podemos ler na web municipal: “O motivo da realización desta actividade xurde como unha actividade máis dentro da programación de Nadal que fundamentalmente ten un obxectivo non competitivo senón unha xuntanza familiar de tódalas persoas e tódalas idades posibles.

O percorrido realizarase polo casco urbano do Rosal cun total de 5.142 mts no caso da carreira e de 2.400 mts no caso das persoas que prefiran realizala camiñando xunto cos pais, nais, avós, avoas, nenos e nenas.

A entrega de dorsais efectuarase no momento de pago da cota de inscrición.

A saída será ás 11.00 para a carreira de 5km e a continuación sairá a de 2.400m para aqueles que decidan facela camiñando. Ó finalizar, os participantes poderán tomar un chocolate quente mentres se realizan o sorteo dos premios. Así mesmo, o premiado deberá estar presente para recibir o premio, senón sortearase novamente. Os produtos ou servizos sorteados serán cedidos polo comercio do Rosal que colabora activamente nesta iniciativa.

As inscricións da San Silvestre do Rosal realizaranse no Servizo de Información Xuvenil e Animación Sociocultural do Concello do Rosal. (986625000).

A hora de inicio será ás 11.00 e o remate aproximadamente será ás 13.00 horas.

Poderán participar todas as persoas que o desexen e sen límite de idade. Os vehículos a utilizar serán os propios da Policía Local do Rosal e a ambulancia. Non haberá paradas técnicas xa que o percorrido é moi pequeno.

Os rapaces de 0 a 5 anos recibirán todos un agasallo.

Non existen premios ós participantes que acaden en primeiro lugar a meta, senón que se premiará á participación seguindo as seguintes categorías para efectuar o sorteo dos premios.

Categoría Infantil : de 0 a 14 anos

De 0 a 5 anos (non participan no sorteo)
De 6 a 10 anos
e 11 a 14 anos

Categoría Xuvenil – Adulto:

De 15 a 20
De 21 en adiante”.

Velaquí vos deixamos o enlace ao regulamento desta carreira que viu ampliado o seu prazo de inscrición ao 28 de decembro.

  

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.