A S.D Atlético Novás organizará esta fin de semana a fase final da Copa Federación de Primeira Autonómica Masculina (22-23 de abril). A competición foi presentada en O Rosal de xeito oficial despois de que a Federación Galega de Balonmán concedera hai uns días a organización deste torneo á entidade da vila.

O Pavillón Municipal de O Rosal será o escenario da fase final da Copa Federación de Primeira Autonómica Masculina. Narón, Seis do Nadal, Culleredo e Acanor Atl. Novás ‘B’ -como anfitrión- pelexarán os días 22 e 23 de abril por facerse co trofeo de campión.

A competición ten fixadas para a tarde do sábado as dúas semifinais – Bm. Narón-Seis do Nadal (18:30 h) e Acanor Novás B-Bm. Culleredo (20:30 h)– e para a mañá do domingo os partidos que definirán o terceiro e cuarto posto (10:30 h) e a final (12:30 horas).

Unha vez rematada a liga regular e despois do parón debido as festividades da Semana Santa, o equipo que adestra Jimy Fernández centrarase na preparación deste torneo no que aspira a facer un bo papel diante da súa afección.

Para a mañá do domingo, a entidade rosaleira que preside Andrés Senra, ten varias actividades preparadas: a primeira, para os máis pequenos, xa que se colocarán inchables e a segunda gastronómica: un pulpeiro que estará toda a mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.