Aínda practicamente non “saímos dunha e xa entramos noutra”, pois logo de disfrutar esta finde da XXX edición da Feira do Viño do Rosal é agora a quenda, os días 11 e 12 de outubro, das Festas da Pilarica ou “Festa de Outono”.
Segundo se informa dende o Concello, a Praza do Calvario volverá a acoller “exposicións, música, monicreques, demostracións, o Memorial Irmáns Flores e a I Feira de Produtos do Rosal”.