Informa: Agrupación Musical do Rosal.
O Día das Letras Galegas e un día especial para tod@s, no cal destacamos a importancia da literatura no noso idioma, estando este ano adicado a Antonio Fraguas Fraguas.
Nesta data, ademais de enxalzar á figura do escritor, imos amosar a nosa arte a través da música, coas diferentes actividades que organiza a nosa agrupación. Todos os actos terán lugar na Praza do Calvario, que, en caso de chuvia, estará cuberta cunha carpa.
O día 16 temos preparada unha verbena por todo o alto, coa participación do grupo local de pandereteiras “Tremelique” e coa actuación dos mellores cultivadores de festas populares, os “Festicultores“. Os concertos comezarán ás 21:30 horas e dende ás 21:00 horas poderase degustar porco ó espeto a prezos populares, contando tamén con cantina.
