Segundo podemos ler na web da Asociación Os Cabaqueiros “Este 2012 conmemoramos o 25
Aniversario da Festa do Cabaqueiro, en lembranza e homenaxe aos vellos mestres
telleiros do Baixo Miño.
O luns 1 de outubro celebrouse no
Concello do Rosal a reunión cos cabaqueiros e a presentación da Festa (na
imaxe). Presentou e dirixiu o acto a concelleira de Cultura, Charo Tabales
Perozo, asistindo igualmente o alcalde, Jesús Mª Fernández Portela, a tenente
de alcalde, Mª Carmen Alonso e o concelleiro de Deportes, Pablo Flores Díaz.
Interviron tamén por suposto, nesta
xuntanza previa, os cabaqueiros Piedra, Benito, Campelo, Dino, Trintiña,
Juanciño, Luis, Juan Vicente, Telis e Alfredo. Ademais o acto contou coa
presenza do coordinador e cofundador da Festa do Cabaqueiro, Xoán Martínez
Tamuxe, así como do presidente da Asociación Os Cabaqueiros, Juan Ramón
Martínez Barbosa e do seu vicepresidente, Sergio Casal Fernández.
Anunciouse alí que os días 6,
11, 12, 13 e 14 de outubro
 terá lugar a “XXV Romancha do
Cabaqueiro. Festas da Pilarica na Daordaria do Rosal”. Este é o programa
completo dos festexos.
PROGRAMA
DÍA 6
A partir das
15:00 horas, IV CAMPIONATO DE FUTBOLÍN “OS
CABAQUEIROS”. 
DÍA 11
Ás 17:00 horas, OBRADOIROS
DE TELLAS
 para NENOS/AS.
VERBENA a partir das 22:00 horas, coas ORQUESTRAS ILUSIÓN E ATENAS
DÍA 12
Ás 12:00 horas,
MISA SOLEMNE, cantada polo CORO ECOS DO FOLÓN.
Ás 16:30 horas,
entregaranse os trofeos do IV Campionato de Futbolín Os Cabaqueiros.
A partir das
17:00 horas: XXV FESTA DE LEMBRANZA “OS CABAQUEIROS”  co pregoeiro D. ERMELINDO
PORTELA SILVA
, escritor e profesor guardés.
Tamén pola
tarde, obradoiros para nenos/as:  teares de Claudia
Méndez  e de cerámica de Leandro
A partir das
19:30 horas, actuarán as Pandeireteiras IR E VIR e a
continuación aBANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL.
EXPOSICIÓN DE
FOTOGRAFÍAS, PEZAS E FERRAMENTA DO CABAQUEIRO
DÍA 13
Pola tarde,
obradoiro de teares para nenos/as.
A partir das
22:00 horas, SERÁN DE MÚSICA TRADICIONAL, organizado pola
Agrupación Musical do Rosal
DÍA 14
Pola tarde,
obradoiro de teares para nenos/as.
Ás 19:00 horas,
no AUDITORIO MUNICIPAL, concerto de ACORDEÓNS MASCARENHAS, coa
actuación de TOÑI SANTOS.
DURANTE OS DÍAS
12, 13 e 14 CELEBRARASE A I FEIRA DE ARTESANÍANA PRAZA DO
CALVARIO.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.