Por segundo ano consecutivo, o popular Bar Troya (Marzán-O Rosal) acollerá o II Torneo de Nadal de Futbolín, un campionato formato “Open”, con prazas limitadas, onde os equipos se fan por sorteo. Será o vindeiro sábado 21 de decembro a partir das 16:00 horas.

En declaracións a Noticias O Rosal, a súa xerente, Mª Jesús Rodríguez ‘Susa’, confírmanos que ao igual que en 2018, este campionato “será gratuíto para todos e todas. É unha boa excusa para pasalo ben e xuntarnos por estas datas. Quen queira apuntarse pode facelo individualmente dende xa ata o venres 20 de decembro no Troya ou por WhatsApp no 651 517 402″.

Tal e como reza o cartel anunciador do evento, haberá premios para os mellores equipos, ademais de sorteos e pinchos para os participantes. Lembrar que na edición pasada os campións foron Dany-Demo que gañaron nunha espectacular final ao equipo Ruth-Gabri.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.