O Auditorio Municipal do Rosal acollerá o vindeiro sábado 19 de novembro (19:30 horas) o tradicional concerto de Santa Icía a cargo da Agrupación Musical do Rosal que dirixe Javier Alonso Pérez.
Segundo se comunica dende AMDOR, interpretaranse obras de Maslanka, Ticheli ou Bernstein. Ademais tamén se anuncia que “contaremos coa participación como frauta solista de Ana Mª Fernández, 🥇gañadora da V edición do Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja” e presentaremos a 10 novos músic@s que se incorporan á banda”.
A entrada é de balde.