A capela de Medas en Novás (O Rosal), acollerá este luns 20 de xaneiro a festividade na honra de San Sebastián. O abade párroco de Santa Mariña, Julio Ramos Rodríguez (na imaxe, debaixo destas liñas), oficiará a misa ás 12:00 horas da mañá.

Segundo lembra o historiador local Xoán Martínez Tamuxe, as primeiras referencias á capela do Santo atópanse no Libro I de Haciendas y Rentas de la Abadía del Rosal (1530).

Dita ermida de San Sebastián, soldado romano e mártir, levántase á beira do Castro de Medas (ou Matamouros) na xuradía de Novás.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.