✍️ Concello do Rosal.
O Concello adxudica a elaboración dun plan de acción para o clima e a enerxía sostible
“Dáse así un paso máis na aposta pola eficiencia enerxética no municipio. O proxecto, cun custe de 6.000 euros, conta cunha subvención da Xunta
O Concello continúa no seu camiño para implantar no Rosal un modelo de consumo enerxético sostible, eficiente e comprometido co medio ambiente. Despois de realizar unha auditoría enerxética na que se avaliou tanto o consumo da iluminación pública exterior como do conxunto de instalacións municipais, o Concello vén de adxudicar o contrato para a redacción do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). O obxectivo deste documento é identificar oportunidades e ámbitos sobre os que actuar para conseguir unha redución do CO2 no municipio”.
Máis información, aquí.