📸 U.D. Ribera

O equipo sénior da Unión Deportiva Ribera de fútbol tras sete xornadas disputadas é o líder en solitario da Segunda Autonómica, Grupo XI, tras o seu empate esta fin de semana fronte á S.D. Salvaterra.

O conxunto dirixido polo míster rosaleiro Noé Cortiñas segue invicto (17 puntos, 5 vitorias e 2 empates), seguido moi de preto polo E.D. Val Miñor (16 puntos), Tomiño F.C. (16 puntos) e o C.C.D. Chain (15 puntos).

O Goián F.C. está na zona alta con 13 puntos, pechando a clasificación, en postos de descenso o Tebra F.C.

Moi atent@s ao vindeiro domingo 27 de outubro, xa que haberá partidazo no Estadio Municipal da Mata (U.D. Ribera – Tomiño F.C.)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.