
O Acanor Atlético Novás venceu este sábado 8 de abril en O Rosal ao filial do Teucro por un marcador final de 32 a 24 goles. Os homes de Ismael Martínez chegaron ao descanso perdendo por un tanto (16-17) para xa na segunda parte darlle a volta ao partido desplegando un bo xogo e estando acertados nas contras.

Destacar un encontro máis, ao capitán Manu Martínez, que con 7 goles foi o máximo goleador da contenda xunto co visitante Alberto Garrido. O rosaleiro estivo ben franqueado tamén por Miguel Trigo (6 goles) e Iago Flores (5 goles). Precisamente Iago é o “Pichichi” do Novás con 107 tantos en 27 xornadas disputadas.
➡ Iago Flores 107g
➡ Manu Martínez 98g
➡ Germán Hermida 90g
➡ Nico López 79g
➡ Miguel Trigo 67g
➡ Yago Alonso 52g
➡ Rubén Figueirido 51g
➡ Dani Pintus 47g
➡ César Armán 38g
➡ Miguel Sío 37g
➡ Roberto “Harris” 25g
➡ Isma Rodríguez 18g
➡ Ramón Pumariega 17g
➡ Carlos Rodríguez 14g
➡ Sayad 6g
➡ Manu Dorna e Teixeira 1g
O xerente de Acanor, Moncho Vicente, patrocinador oficial do club, xunto con Aurora Lomba, unha das coordinadoras da “Base”, fixéronlle entrega dunha tablet de 10” e unha camiseta oficial a Beatriz Pena Alonso, como gañadora do concurso de diseño da Mascota do Novás.
A vindeira cita para o Acanor Atlético Novás (5º clasificado, 40 puntos) será o sábado 22 de abril na casa do Rodosa BM. Chapela (4º clasificado, 42 puntos).

Velaquí vos deixamos a nosa reportaxe do Novás-Teucro.